Saltar ao contido principal

Publicacións

Las palabras de la noche ( Natalia Ginzburg )

Este mes de outubro o noso libro de lectura foi Las palabras de la noche (1961) da escritora italiana Natalia Ginzburg.   É imposible desligar esta obra da experiencia persoal da autora, que viviu a segunda guerra mundial   no seu país. Na novela a narradora é Elsa, unha moza solteira de vinte e sete anos, que   conta as peripecias dunha familia burguesa nun pobo italiano nos anos da guerra e da posguerra. No relato van desfilando, entre outros habitantes, a familia do señor Balotta, dono da fábrica téxtil, os seus cinco fillos e o mozo que adoptara de neno, Purillo, que será ó que encomende a dirección do seu negocio malia o desprezo que lle inspira a el e á súa familia. As vidas dos irmáns Balotta, Gemmina, Mario, Vincenzino, Raffaela e Tommasino desenvólvense entre os seus desexos e as decisións que finalmente toman, arrastrados pola necesidade de atopar unha seguridade na que non confían demasiado pero   que eles estiman correcta : a impostura preside as súa...
Publicacións recentes

Unha historia de 1886 ou un espello de 2026? Reflexións da nosa última lectura: "A morte de Iván Ilich"

 A primeira impresión que nos deixou a todos a lectura deste clásico de Lev Tolstói resúmese nunha soa palabra: tristeza.  Ao inicio da novela, compartimos a visión de que Iván Ilich tivo unha vida exitosa segundo os canones da súa época: un bo posto xudicial, status social e unha vida burguesa perfectamente encarrilada. Cumpriu con todo o que se esperaba del. O problema chega cando sofre un accidente doméstico e aparece a enfermidade. Falamos de como a enfermidade funcionou como un espello demoledor. A dor física desposúeo dos seus títulos e do seu orgullo, obrigándoo a mirar de fronte unha realidade que antes non vía (ou non quería ver): o baleiro absoluto da súa existencia e a falta de afecto real ao seu redor. Un detalle que se subliñou especialmente no debate foi a incrible vixencia da novela. É impresionante que un libro escrito hai case 150 anos trate un tema tan de actualidade no día de hoxe como é a falsidade das convencións sociais. Cambiemos os salóns da Rusia tsari...

Seis verbas compartidas sobre a maxia e o poder de ler

 Por el grosor del polvo en una  biblioteca pública puede medirse la cultura de un pueblo. J. Steinbeck Leemos para saber que no estamos solos. C.S.Lewis Para viajar lejos no hay mejor nave que un libro. Emily Dickinson Leer es soñar con los ojos abiertos. J.L.Borges El libro para leer no es el que piensa por ti, sino el que te hace pensar. Harper Lee Un libro abierto es un cerebro que habla; cerrado, un amigo que espera; olvidado, un alma que perdona; destruido, un corazón que llora. Proverbio indio  

Follas que caen e o ritmo pausado: a benvida ao outono no noso Club de Lectura

O verán despídese no calendario, pero a calor teima en quedarse e resistir. Aínda así, case sen darnos conta, o outono empeza a tinguir a nosa contorna de dourados e ocres, traendo unha calma que, malia os termómetros, xa convida a baixar o ritmo. Para quen amamos os libros, o inicio desta estación segue a ser un dos momentos máis especiais do ano. É a escusa idónea para buscar a sombra ou un acougo fresco, preparar un café ou té —quizais desta volta con xeo— e gozar dese espazo de paz que sempre compartimos no noso club de lectura, Verbas Compartidas. Esta transición estacional empúrranos de xeito natural cara á introspección. As horas de luz redúcense e a natureza ensínanos que, para renovarse, primeiro hai que aprender a baixar o ritmo e soltar. A desconexión outonal convídanos a deternos e encaixa á perfección co pensamento de Byung-Chul Han, o aclamado filósofo surcoreano-alemán galardoado co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades. Na súa célebre obra La soc...

As alumnas (Paula Carballeira)

As alumnas (Editorial Galaxia), a obra teatral de Paula Carballeira galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática, é un emotivo tributo á escola laica e libre.  A historia sitúase en 1970, ano no que Elvira e Rosa se reencontran no enterro da súa antiga mestra, a pedagoga María Barbeito, depurada polo franquismo. Sendo as únicas que mantiveron contacto con ela mediante cartas, este tenso reencontro serve para que ambas confronten as distintas decisións e medos que asumiron para sobrevivir nunha sociedade que truncou a súa liberdade. No debate do club de lectura, analizamos o impacto e as imaxes gravadas que deixa a obra, así como a inevitable empatía cara a Rosa ou Elvira. Discutiuse a fondo o peso das decisións de cada unha, marcadas polo trauma, e reivindicouse a figura ausente pero omnipresente de María Barbeito como motor do ensino innovador. Finalmente, a sesión serviu para reflexionar sobre os temas de actualidade que resoan na peza hoxe en día. A loita polos dereitos...

STONER (John Williams)

 A lectura do mes de xuño foi Stoner, novela publicada en 1965 por John Williams,  que aínda que pasou desapercibida nun primeiro momento, foi redescuberta nos anos 2000. Nela cóntasenos a vida de William Stoner, un mozo do rural destinado a ser agricultor que remata sendo profesor de Literatura nunha universidade de Misuri. A súa vida é unha historia dramática: desde o seu fracasado matrimonio con Edith, muller especialmente egoísta e manipuladora que o humilla constantemente e se interpón con maldade entre el e a súa filla Grace, o seu único vínculo familiar gratificante; ata a súa frustrada promoción laboral froito das envexas, inxustizas e covardías dos seus compañeiros de traballo, a renuncia a refacer a súa vida con Katherine, unha xoven profesora universitaria, e a súa morte prematura no case anonimato. Alguén podería concluír que Stoner é o retrato dun home gris, melancólico, insignificante, un perdedor. Sen embargo, despois...

O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE ( Mark Haddon)

No mes de maio a proposta de lectura foi a versión galega dunha novela inglesa publicada en 2003. Christopher, un adolescente autista que vive co seu pai nunha pequena cidade inglesa, decide investigar a morte violenta do can da súa veciña. Aínda que posúe unha gran capacidade intelectual para as matemáticas e a lóxica, cústalle moito entender as emocións e as relacións sociais dos adultos. Christopher, no entanto, emprende unha investigación detectivesca en toda regra, o que lle levará a realizar descubrimentos insospeitados sobre os seus propios dotes de interpretación e sobre sucesos familiares que o seu pai lle ocultara. Como consecuencia , a relación entre ambos deteriórase e Christopher emprende el só unha viaxe iniciática a Londres en busca da súa nai. Nesta novela o autor, que traballou durante anos con menores con necesidades educativas especiais, ábrenos a mirada sobre a mente , as emocións e, en definitiva, o mundo dun neno autista...