A lectura do mes de xuño foi Stoner, novela publicada en 1965 por John Williams, que aínda que pasou desapercibida nun primeiro momento, foi redescuberta nos anos 2000.
Nela cóntasenos a vida de William Stoner, un mozo do rural destinado a ser agricultor que remata sendo profesor de Literatura nunha universidade de Misuri. A súa vida é unha historia dramática: desde o seu fracasado matrimonio con Edith, muller especialmente egoísta e manipuladora que o humilla constantemente e se interpón con maldade entre el e a súa filla Grace, o seu único vínculo familiar gratificante; ata a súa frustrada promoción laboral froito das envexas, inxustizas e covardías dos seus compañeiros de traballo, a renuncia a refacer a súa vida con Katherine, unha xoven profesora universitaria, e a súa morte prematura no case anonimato.
Alguén podería concluír que Stoner é o retrato dun home gris, melancólico, insignificante, un perdedor. Sen embargo, despois da lectura, xorde, inevitablemente a gran pregunta, quizá, incómoda: en qué se cifra o éxito dunha persoa? no éxito profesional, familiar, social? Debería ter sido, Stoner, máis pragmático, máis contemporizador, menos ríxido? Se así fose, de seguro tería sufrido moito menos, a súa vida tería sido máis cómoda, sería respectado e admirado.
Non é nada doado contestar a estos interrogantes porque esta novela nos interpela ineludiblemente sobre a nosa postura na vida; sobre a heroicidade do cotidiano, sobre as nosas decisións e as súas consecuencias, sobre o que paga a pena.
Finalmente, en toda a obra está atravesada por unha paixón, que é o “motor” do personaxe e que o consola das feridas máis profundas, servíndolle de refuxio vital : o seu amor pola Literatura e polo seu oficio de docente: “ sentía, por fin, que comezaba a ser profesor, o cal era simplemente ser un home a quen o libro lle di a verdade” .
Toda unha declaración de vida.
Se alguén contase a túa vida dentro de 50 anos co mesmo ton severo e honesto que se emprega na novela, que momentos considerarías realmente importantes?
A novela parece suxerir que o valor dunha vida non depende tano do éxito visible como da fidelidade a si mesmo. Ata que punto estás de acordo con esta idea, aplicándoa á túa vida?

El autor de esta novela era un profesor universitario. Stoner sólo podía haber sido escrita por un profesor: la pasión por los libros y por la enseñanza late en cada una de sus páginas,
ResponderEliminar