Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

El gigante egoísta (Oscar Wilde)

 Despois de viaxar polos asteroides co Principiño, a nosa segunda parada en Verbas Compartidas levounos a cruzar as portas dun xardín moi especial. A lectura de O xigante egoísta, de Oscar Wilde, espertou un debate magnífico na nosa comunidade sobre o valor do que compartimos e as consecuencias de illarnos. Nesa historia, o inverno eterno non é un fenómeno de natureza, senón a consecuencia directa do illamento. Cando o xigante decide erguer un muro para protexer o que considera "seu", o que realmente consigue é conxelar o seu propio mundo. Está é unha metáfora desgarradorra e moi vixente sobre como o individualismo e a falta de empatia acaban por desertizar as nosas vidas. Cando nos pechamos ao exterior por medo a compartir, somos nós mesmos os que quedamos atrapados no frío. O núcleo máis potente do relato brilla no momento da transformación. A primaveira non regresa ao xardín polo simple paso do tempo, senón pola fenda que permite entrar aos nenos.   Reler a Oscar Wilde...