Este mes de outubro o noso libro de lectura foi Las palabras de la noche (1961) da escritora italiana Natalia Ginzburg. É imposible desligar esta obra da experiencia persoal da autora, que viviu a segunda guerra mundial no seu país. Na novela a narradora é Elsa, unha moza solteira de vinte e sete anos, que conta as peripecias dunha familia burguesa nun pobo italiano nos anos da guerra e da posguerra. No relato van desfilando, entre outros habitantes, a familia do señor Balotta, dono da fábrica téxtil, os seus cinco fillos e o mozo que adoptara de neno, Purillo, que será ó que encomende a dirección do seu negocio malia o desprezo que lle inspira a el e á súa familia. As vidas dos irmáns Balotta, Gemmina, Mario, Vincenzino, Raffaela e Tommasino desenvólvense entre os seus desexos e as decisións que finalmente toman, arrastrados pola necesidade de atopar unha seguridade na que non confían demasiado pero que eles estiman correcta : a impostura preside as súa...